O obradoiro de emprego remata a creación dun xardín na piscifactoría e a reposición da pasarela da Toscaña

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O alumnado participante no obradoiro de emprego xove ‘Carbomas’ está a punto de rematar as labouras que estivo a desenvolver nos últimos seis meses no municipio do Carballiño. As 16 alumnas e alumnos dos módulos de xardinería e carpintería e que pertencen a este concello, Boborás e Maside, levaron a cabo diferentes traballos de acondicionamento en espazos públicos de interese paisaxístico e turístico, tal e como nos comenta a concelleira de Emprego e Comercio, Diana González.

Nun dos socalcos da contorna da piscifactoría carballiñesa, o alumnado de xardinería efectou unha replantación de céspede e a introducción de plantas para a creación dun xardín aromático, no que o módulo de carpintería tamén instalou un reloxo solar de posicionamento, o único existente na provincia de Ourense. Ademais, instalouse un sistema de riego automatizado para manter en condicións axeitadas a vexetación da contorna.

COMERCIAL ORCELLÓN

Asemade, o mesmo módulo de carpintería tamén levou a cabo a substitución e reposición con novos materiais da pasarela peatonal de madeira de 250 metros do paseo fluvial que comunica o barrio da Toscaña coa ribeira do río Arenteiro pola súa marxe dereita. As antigas travesas do pavimentado e do valado deste paso atopábase nun deficiente estado de conservación, tendo en conta que a súa construción data do ano 2007. Un traballo que foi o máis complicado polas súas características, según indicou o director do obradoiro, David Lozano.

O programa do obradoiro ‘Carbomas’ xa deixou a súa pegada no municipio de Maside, coa realización de melloras nas paraxes naturais da Rañoa e O Puzo do Lago, e terá a súa continuidade no de Boborás nas vindeiras semanas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------