O ciclo musical ‘Feito no Carballiño’, a XVII Festa da Palabra e a I Carreira Popular compoñen o menú de actividades desta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello do Carballiño oferta unha variada proposta de actividades para esta fin de semana con música, cultura galega e deporte. O goberno local reforza cada ano a programación lúdica nos meses de verán para a poboación local e para os numerosos visitantes que chegan ao municipio cada ano.

Mañá, sábado 19 de xullo, a xornada comeza coa XVII Festa da Palabra na Esgueva (Madarnás), unha cita que congrega a numerosos persoeiros da cultura e da literatura galegas nun entorno único como é a Insua dos Poetas. A celebración, adicada este ano a Alfonso R. Castelao, inclúe a entrega dos premios da Fundación Insua dos Poetas a entidades e persoas relevantes na reivindicación da cultura galega, así como actuacións musicais, xantar popular e o desvelamento da nova instalación escultórica, neste caso realizada polo ourensán Antón Pulido en homenaxe a Castelao.

Xa pola tarde, a Praza da Veracruz concentra as actividades. A partir das 20,00 horas, o entorno do templo acollerá a saída da I Carreira Popular do Pulpo, unha cita deportiva que nace coa vontade de facerse un oco na programación estival do Carballiño. Ás 20,00 horas levarase a cabo a proba infantil, e ás 20,30 horas, a de adultos.

Tamén ás 20,30 horas dará comezo a terceira cita do 6º Ciclo de Música “Feito no Carballiño”, que mañá inclúe dous concertos: Cervan e Sueños de Ítaca. Ambas agrupacións contan cunha dilatada traxectoria de máis de 10 anos enriba dos escenarios.

O domingo, 20 de xullo, volverá o ciclo “Feito no Carballiño” coa actuación de Alexandre Cabanelas Trío. O concerto realizarase na rúa Principal a partir das 20,30 horas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------