Extraditado de Bélxica e detido un albanés integrante da banda que cometeu roubos en Beariz e Avión o pasado ano

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da cooperación internacional con Europol e Interpol, localizou en Bélxica a un cidadán de nacionalidade albanesa, presuntamente integrante do grupo criminal desarticulado no desenvolvemento da ‘Operación Vertigo’, ao que se lle imputan 14 roubos cometidos nas localidades de Beariz e Avión.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Tribunal de Instancia de Sección única de Ribadavia emitiu unha orde europea e internacional de detención e extradición, executándose ésta a España por autoridades belgas na xornada de onte, 7 de agosto. O detido pasou durante a mañá do día de hoxe a disposición xudicial no Xulgado de Ribadavia que decretou ingreso en prisión comunicada sen fianza.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------