Á cooperación cos municipios foron destinados 868.614,16 euros para a mellora de infraestruturas, obras e servizos en 17 municipios, mentras que a colaborar con diferentes entidades, a cantidade asignada é de 458.149,32 euros
En materia de xestión administrativa, foi resolto tamén o concurso para a concesión de subvencións destinadas á realización de festivais, ciclos ou actividades análogas a desenvolver ou que se tiveran desenvolto neste ano 2025. “En total, 59.999,32 euros que destinamos á dinamización cultural da nosa provincia, clave para o desenvolvemento do noso territorio”, sinalou Luis Menor
Ourense, 1 de setembro de 2025.
A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria semana, vén de aprobar un total de 39 asuntos que supoñen a mobilización de 1.326.763,48 euros. Á cooperación cos municipios foron destinados 868.614,16 euros para a mellora de infraestruturas, obras e servizos en 17 municipios, mentres que a colaborar con diferentes entidades, a cantidade asignada é de 458.149,32 euros.
O presidente provincial, Luis Menor, detallou os asuntos aprobados en Xunta de Goberno e quixo poñer en valor algo que considera “fundamental para que cada semana a Deputación poida mobilizar fondos para cooperar: O traballo dos funcionarios desta casa”, sinalou, ao tempo que explicou que a axilidade e edificiencia administrativa da Deputación é grazas ao seu labor.
No que atinxe á cooperación municipal, os municipios beneficiarios de axudas esta semana foron A Arnoia, O Barco de Valdeorras, Beariz, Boborás, O Bolo, Leiro, Montederramo, Monterrei, A Peroxa, Ramirás, Rubiá, San Cibrao das Viñas, Sarreaus, Toén, Vilariño de Conso e Xunqueira de Ambía. Destacou Luis Menor como exemplos neste apartado
os 250.000 euros asignados a Beariz para a construción do velorio municipal; os 48.000 euros para arranxar camiños en Rubiá; os 99.500 euros destinados a ampliar o camiño Laxedo en San Cibrao das Viñas; os 38.000 euros destinados a un proxecto de dixitalización que contribuirán a manter os exames de conducir no Barco de Valdeorras ou os 70.000 euros concedidos a Toén para mellorar o pavimento de Ribadela.
Cooperación con entidades
No que atinxe á cooperación con diferentes entidades, a cantidade designada esta semana é de 458.149,32 euros. Organismos clave na dinamización da provincia como Expourense reciben esta semana unha axuda de 105.000 euros para o desenvolvemento das súas actividades; así como 100.000 euros para o Consello Regulador de Valdeorras para mellorar as súas instalacións. Outro Consello Regulador, pero neste caso o da Ribeira Sacra, obterá 35.000 euros para instalar estacións meteorolóxicas e para un programa de dixitalización.
A Asociación Provincial de Autoescolas obterá 36.000 euros para actividades de formación, mentras que o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Ourense recibirá 20.000 euros para equipamento informático. A mesma cantidade será a que perciba a Asociación Provincial de Artesáns para os seus gastos de funcionamento (20.000 euros). Tamén obterá unha axuda de 25.000 euros para gastos de funcionamento o Pavillón Club de Fútbol.
Outras axudas foron para o Club Deportivo Atlético Arnoia (8.000 euros); a Subida a Vilar de Barrio (8.000 euros); a Sacra Experience (10.000 euros); a Fundación Vicente Risco (1.500 euros); a Asociación Celanova Chea (10.000 euros); a Asociación Cultural Cocas e Danzantes de Santa Tecla (6.650 euros); a Federación de Teatro Afeccionado Galego (3.000 euros); a Asociación Xuvenil Adolfo Enríquez (2.000 euros); e a Asociación Estudiantil Auria Technologies (8.000 euros).
Resolución concurso de axudas
En materia de xestión administrativa, pero sen deixar de lado a cooperación co ámbito cultural da nosa provincia, na sesión de hoxe foi resolto tamén o concurso para a concesión de subvencións destinadas á realización de festivais, ciclos ou actividades análogas a desenvolver ou que se tiveran desenvolto neste ano 2025. “En total, 59.999,32 euros que destinamos á dinamización cultural da nosa provincia, clave para o desenvolvemento do noso territorio”, sinalou Luis Menor.
Por último, a Xunta de Goberno aprobou foi unha modificación do destino asignado do Plan CooperOU a petición do Concello de Verín.