Remata e consolídase o obradoiro dual de emprego posto en marcha polo concello de Xinzo e Sandiás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Xinzo en cooperación co Concello de Sandiás, veñen de pechar unha nova edición do obradoiro dual de emprego no que participaron 20 persoas e promovido pola Xunta de Galicia. O Concello de Xinzo foi o encargado da súa presentación, tramitación e xustificación.

Este programa formativo práctico desenvolveuse por cuarta vez e incluíu diversas actuacións de embelecemento en por en valor unha vez máis a colaboración intermunicipal.

Ao longo dos meses de traballo, as Brigadas do Obradoiro executaron diversas actuacións que afectan a distintos aldeas do concello de Sandiás:

  • Instalación de tarima flotante no Ceip de Sandiás e no Casa do Concello.
  • Instalación de cubrecontenedores na aldea de Sandiás ao carón do Centro de Saúde
  • Renovación da porta de entrada ao Forno Comunal da aldea da Lavandeira
  • Renovación da porta de entrada ao Forno Comunal da aldea de Sandiás
  • Instalación de baranda no Ceip de Sandiás
  • Traballos ornamentais no Centro Social que poñen en valor a arquitectura tradicional da zona.
  • Limpeza e desbroces de áreas recreativas en diversos núcleos de poboación do concello.

Nas imaxes, vese aos membros de ambos Concellos, persoal técnico e ao alumnado. Concretamente, do Concello de Sandiás achegouse o tenente alcalde Tito Traveso. O obradoiro tivo unha duración de 9 meses e ofreceu prácticas de traballo e cursos de formación a 20 alumn@s de ámbolos dous concellos. O obradoiro ofreceu formación nas especialidades de instalación e mantemento de xardins e zonas verdes e na instalación de elementos de carpintería.

A formación combinou aprendizaxe técnica e traballo en contornas reais, co foco posto en mellorar espazos públicos vinculados ás rutas do Camiño de Santiago ao seu paso pola Limia. Ao remate, a gran maioría do alumnado acadou o diploma acreditativo das competencias profesionais .

Grazas ao alumnado, ao equipo docente e a ambos  os concellos por seguir unindo forzas en favor da mellora das infraestructuras e calidade de vida.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------