Menor pon en valor a importancia da cooperación, “con obras que melloran a vida dos veciños”, como é o caso da estrada OU-1104 entre Trasmiras e Vilar de Barrio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense está a realizar os traballos de acondicionamiento e mellora integral na OU-1104 Viladerrei (N-525) – Vilar de Barrio, no Concello de Trasmiras. Esta obra, cun importe de adxudicación de 116.496,54 euros (IVE incluido), está a ser executada por Obras y Saneamientos Galicia, SL.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, visitou esta mañá estes traballos, onde tamén asistiron o alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos; e a enxeñeira directora da Área de Infraestruturas da Deputación de Ourense, Marta Docampo. Menor comprobou a evolución dos traballos dunha obra, dixo, “fundamental para garantir a mobilidade segura entre Trasmiras e Vilar de Barrio”, e manifestou que esta actuación “exemplifica o espíritu da Deputación: o da cooperación efectiva cos municipios para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas, aportando todo canto sexa posible para obras e servizos”.

Os traballos que se están a realizar consisten no ensanche da estrada OU-1104 Viladerrei – Vilar de Barrio, entre os puntos quilométricos 2+188 ó 2+874, ata conseguir un carril para cada sentido, entre dous tramos da estrada, xa ensanchados. Para elo, é necesario realizar escavación en desmonte en dous pequenos tramos, colocación de tubaxe de pluviais, pavimentación con formigón dun tramo de beiravía e o escarificado de todo o firme existente debido ao axuste da rasante. Finalmente, realizarase un novo afirmado con lastro de canteira, macadam e tripla rega asfáltica coa sinalización horizontal correspondente.