Historias do Carballiño: Eleccións Locais 2007

O 27 de maio de 2007 teñen lugar as octavas Eleccións Locais da Democracia. Gaña a lista do Psoe encabezada por Carlos Montes que seguira sendo alcalde pero en minoria

AVANTAR ACTIVIDADES

Despois de dous mandatos de maioria absoluta do Psoe pasase a unha situación onde ten que haber un goberno de coalición ou en minoria.

O PP con 5 concelleiros ( os que xa tiña ) e o Bng con catro ( gana un con respecto a 2003 ) serían a oposición nos próximos catro anos, xa que aínda que hai un pacto entre o Bng e o Psoe en Galicia, en Carballiño despois de negociacións non se chega a un acordo polo que Carlos Montes ten que gobernar en minoria por ser a forza máis votada.

A presencia da muller nas listas nesta ocasión incrementase con respecto as pasadas do ano 2003 e chega o 43%

Neste PDF xunto ca información en datos destas eleccións ven un resumen de prensa que pode servir para darse conta da situación política que se daba. Tamén a documentación relativa aos programas dos partidos.

Carballiño: Historia das eleccións locais 2007: candidaturas, programas, prensa

PREMER NA IMAXE

Manolo Amil candidato BNG
Argimiro Marnotes candidato PP
Carlos Montes candidato PSOE