O Concello de Sandiás será o venres 26 de setembro un dos protagonistas en España do filme-concerto ‘Záguia Sul-Garda Ríos’. A presentación terá lugar en dúas sesións na Casa da Cultura de Sandiás o venres 26 de setembro: ás 12h para os escolares e ás 20h para o público xeral. Trátase dun proxecto artístico do Space Ensemble Portugués que combina narrativa visual, música ao vivo con varios músicos nunha experiencia multisensorial e participación comunitaria a través do diálogo para celebrar e protexer e preservar o patrimonio cultural e natural cun homenaxe ás paisaxes fluviais e as comunidades que os habitan. Tamén a promoción das relacións entre a República Portuguesa e Galicia. Hoxe, Space Ensemble apóiase en tres grandes piares: produción cultural e artística, comunidade e educación. Traballamos con diversos músicos e profesionais creativos, os seus proxectos focalízanse na dinamización cultural de territorios rurais e desenvolve programas educativos non formais onde se abordan temáticas educativas como as matemáticas, o medio ambiente e a sustentabiblidad.

A proposta e facer dous pases. A actividade é de balde.
- Un primeiro adaptado aos nenos e nenas donde participará o alumnado do PAI e do CEIP de Sandiás a partir das 12.00 h do venres, 26 de Setembro. Duración: unha hora aproximadamente. Salón de Actos da Casa de Cultura de Sandiás.
- Un segundo pase para adultos ás 20.00 h no salón de actos da Casa da Cultura de Sandiás o mesmo día venres, 26 de Setembro. Está aberto tamén para os veciños e veciñas da comarca da Limia que queiran participar.
O espectáculo, financiado pola República Portuguesa, con axuda europea e unha simbólica aportación do concello, está adaptado á localidade de Sandiás, incluíndose vídeos e imaxes do municipio e a narración en galego do biólogo e naturalista galego Diego Rodríguez Vieites, bo coñecedor da Comarca da Limia, Sandiás, Lagoa de Antela e Areeiras de Sandiás.
Nesta creación única, Záguia Sul (un personaxe misterioso, metade humana, metade ave) guía ao público nunha viaxe poética polo patrimonio natural e cultural de Sandiás, revelando historias, memorias e segredos das augas que moldean a rexión. A través de imaxes filmadas localmente e dunha banda sonora executada en directo, o espectáculo convida a reflexionar sobre a importancia da preservación ambiental, nunha experiencia multisensorial que encanta a todas as idades.
O filme-concerto Záguia Sul conta con Dirección artística e Realización de Nuno Alves,Dirección de Fotografía e Montaxe de Filipe Barreiro, e Dirección musical de Maria Mónica,Samuel Martins Coelho, Sérgio Bastos, Miguel Ramos e João Martins, tamén responsables dainterpretación en directo. A eles únense mozos e mozas músicos que participaron previamenteen proxectos educativos do Space Ensemble e que, a través dun programa de mentoría, se integran neste proxecto en contexto profesional, O proxecto, iniciado en 2024 co apoio da República Portuguesa – Cultura / Dirección Xeral das Artes, xa pasou por Paredes de Coura, Mondim de Basto, Torre de Moncorvo, Valença e Monção en Portugal, e tamén por concellos de Galicia como Nigrán onde foi acollido con entusiasmo polas comunidades e institucións locais.
“É unha honra que elixisen Sandiás como un dos concellos protagonistas en España para este filme-concerto tan especial, porque hai que ter en conta que para a organización supuxo un traballo de gravación no propio territorio, selección de imaxes, ensaios, etc, polo que, desde o Concello, en nome do equipo de goberno, da corporación e dos veciños, queremos agradecer públicamente este agasallo único”, manifestaron o alcalde, Felipe Traveso e o concelleiro de cultura, Pepe Gándara.