Bases do II CONCURSO de microrrelatos do Instituto de Estudios Carballiñeses-2025

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Foto: Entrega de premios correspondentes a 1ª Edición

O Carballiño, 22 de setembro de 2025.– O Instituto de Estudios Carballiñeses anuncia a apertura dunha nova convocatoria do II Concurso de Microrrelatos, co obxectivo de facilitar a participación do profesorado e do alumnado maior de 16 anos de centros educativos.

A decisión de realizar unha nova convocatoria vén motivada polo feito de que a primeira edición deste concurso, celebrada no mes de xuño, coincidiu co período vacacional estival, dificultando así a participación dos colectivos aos que vai dirixido.

Para solucionar este inconveniente e garantir que todos os interesados teñan a oportunidade de participar, o Instituto decidiu reprogramar o concurso. O novo prazo de presentación de obras estarará aberto dende o próximo 23 de setembro ata o 23 de outubro de 2025.

Esta iniciativa busca fomentar a creatividade literaria e o gusto pola escrita entre os máis novos e os educadores da comarca, consolidando un espazo de expresión cultural dentro da programación do Instituto.

                               PRIMAVERA LITERARIA

Xénero:  Microrrelato

Idioma: Galego

Tema:   Libre

Aberto a persoas maiores de 16 anos. Quedan excluídos os/as premiados no Iº Concurso.

Premios:  

1º premio: 1.000€ e diploma.    

2º premio: 500€ e diploma.

3º premio: 250€ e diploma.

Entidade convocante: INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES 

Data de peche dos participantes:  23 de outubro de 2025.

BASES

O Instituto de Estudios Carballiñeses  convoca a 2ª edición do Concurso de Microrrelatos co obxectivo de promover a creatividade literaria e fomentar a difusión do xénero microrrelato, que se regula polas seguintes bases:

O Instituto de Estudios Carballiñeses  convoca a 2ª edición do Concurso de Microrrelatos co obxectivo de promover a creatividade literaria e fomentar a difusión do xénero microrrelato, que se regula polas seguintes bases:

1.     O microrrelato debe ser orixinal e inédito (por inédito enténdese que no teña gañado ningún premio nin se teña difundido en ningún medio con anterioridade).

2.     O texto non deberá exceder dos 1.200 caracteres con espazos e título incluídos.

3.     As obras enviaranse por correo electrónico co asunto: II Concurso de microrrelatos “Instituto de Estudios Carballiñeses”, ao enderezo idecarballino@yahoo.es

Tamén se poderán enviar por correo postal a este enderezo: A M G. Praza de América, nº 3-2º D.  36211 Vigo

4.     Axuntaranse ao correo dous arquivos:

1º arquivo/sobre: conterá o relato firmado con pseudónimo e, para identificalo, levará por nome o título do relato.

2º arquivo/sobre: nomearase coa palabra “PLICA” e o título do relato, debendo conter os datos persoais (nome, enderezo, DNI, teléfono e e-mail do autor/a).

5.     Os envíos deberán chegar ao seu destino antes das 12h do 23 de outubro de 2025.

6.     Cada persoa poderá enviar un máximo de 3 microrrelatos.

7.     O xurado estará formado por socios/as do IEC expertos/as neste xénero literario, pola persoa gañadora do primeiro premio do Iº Concurso e aos que se poderán engadir persoas competentes no tema non socios/as do IEC.

8.     Os microrrelatos premiados serán publicados polo Instituto de Estudios Carballiñeses e os non premiados serán destruídos.

9.     Os microrrelatos premiados quedarán en propiedade do IEC para a súa publicación, difusión ou uso que considere oportuno.

10. A participación no concurso supón a total aceptación destas bases.

Entrega de premios:

O Instituto de Estudios Carballiñeses organizará un acto de entrega de premios, que se publicará oportunamente.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------