
Ás 17,20 horas de onte, venres, declarouse un incendio forestal noo municipio de San Cristovo de Cea, concretamente na contorna da localidade de Bustelo, na parroquia de Covas, que foi extinguido en poucos minutos grazas, en boa medida, ao aviso inmediato da veciñanza e a pronta resposta dos medios de extinción. Dende o Concello de Cea amosan o seu agradecemento a tódalas persoas que participaron, “xa que o feito de actuar con tanta celeridade permitiu atallar o lume case de inmediato”. Según as autoridades competentes todo indica que o lume foi provocado con varios focos simultáneos, nunhas condicións metereolóxicas adversas para prender sen intervención humana.
Por outra banda, na mañá de hoxe, ao fío das 12,50 horas, tamén se deu aviso dun incendio urbano na localidade de Faramontaos de Viña, debido a un percance doméstico. As lapas foron rápidamente extinguidas, sen ter que lamentar danos persoais, e os danos materiais afectaron de xeito considerable a unha cociña, que estaba aillada da vivenda. Neste caso, tamén resultou fundamental a colaboración veciñal, ademais da pronta resposta dos nombeiros do Consorcio Provincial do Carballiño-Ribeiro.
Dende o Concello de Cea reiteran a importancia de chamar ao 085 ou ao 112 en caso de observar calquera circunstancia que poida entrañar perigo, coma a declaración dun lume forestal ou urbano.