O C.E. Chamoso Lamas organiza este sábado un roteiro por enclaves do patrimonio etnográfico de Beariz

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza para este sábado, 4 de outubro, unha excursión en autocar ao concello de Beariz co obxectivo de percorrer diversos lugares de interese natural, etnográfico e arqueolóxico do municipio, con visitas á Botica-Museo do século XIX de Doade, a aldea de Albite, o castro de Magros e a zona da minería arqueolóxica, entre outros emprazamentos. Tamén haberá unha breve visita á Casa do Concello, cunha recepción na Alcaldía.

O roteiro, que conta coa colaboración dos concellos do Carballiño e Beariz, vai a estar guiado polo arqueólogo Jorge Lamas.

Esta excursión enmárcase no obxectivo deste colectivo de investigadores da posta en valor e divulgación do patrimonio cultural e natural da comarca do Carballiño, neste caso das terras de Beariz.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Quedan tan só cinco prazas para cubrir o aforo previsto de 35 persoas, polo que se alguén ten interese en asistir, pode apuntarse por orde de inscrición no Whatsapp 669622768. A inscrición é de balde.

O autocar da empresa Montañesa sairá ás 10,00 h da rúa Evaristo Vaamonde, fronte ao templo da Veracruz, e regresará sobre as 19,00 h.

No programa está previsto que o xantar teña lugar en Beariz a base de empanadas e augas, que levarán no autocar os osrganizadores.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------