
O Centro Sociocomunitario do Carballiño iniciou esta mesma semana a súa nova programación anual de actividades, cubrindo a totalidade das prazas ofertadas dende esta entidade e incluso creando novos grupos para dar resposta a demanda. Así, nas actividades propiamente deportivas logrouse chegar ás 600 persoas, mentres son un total de 125 as correspondentes aos grupos de memoria, teatro, canto e pandeireta, entre outros (adxúntanse os horarios semanais de cada unha). Dende a dirección do centro lembran que as listas de inscrición permanecen abertas durante toda a tempada que nestes días comezou a súa andaina.
Dende o Centro Sociocomunitario tamén comunican a apertura dunha exposición dun pintor autodidacta e afeccionado local, Antonio Vázquez Darriba, nado en 1966 na localidade de Cardelle, no municipio de Boborás), convidando a todas as persoas interesadas a pasarse polas dependencias da entidade para coñecer a súa obra, que, entre outros, contén cadros de espazos do Carballiño. Esta mostra artística estará no centro ata o vindeiro 31 dé outubro.