Luis Menor pon en valor o talento da mocidade empresaria ourensá na entrega dos XIV Premios AJE

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente provincial, Luis Menor participou hoxe, no balneario de Laias, na entrega destes galardóns que baixo o título “El arte de reír en serio” recoñecen o traballo de esforzo e loita que esixe emprender un proxecto

Menor felicitou aos mozos e mozas empresarios por actuar como axentes principais do desenvolvemento económico da provincia e ser responsables directos da creación de emprego e xeración de riqueza do territorio

Cenlle, 3 de outubro de 2025.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no balneario de Laias (Cenlle), na entrega dos XIV Premios AJE Ourense que baixo o título “El arte de reír en serio” recoñecen o traballo de esforzo e loita que esixe emprender un proxecto. Luis Menor felicitou aos premiados afirmando que Ourense pode presumir con orgullo de contar “brillante canteira emprendedora”.

A Deputación colabora con AJE Ourense con quen “compartimos liñas de traballo común” para apoialos nese labor de fomento do emprendemento e a creación de emprego na provincia, así como polo seu papel como entidade que vela polos intereses das empresas xestionadas pola mocidade ourensá.

Ademais, desde o goberno provincial puxéronse en marcha diversas iniciativas a prol do sector empresarial ourensán como son o programa EmprendOU en Feminino para axudar ás mulleres de menos de 30 anos que creen empresas no rural, ou o proxecto AcelerOU de apoio a pemes, autónomos e emprendedores ourensáns para impulsar a transformación dixital e modernización dos seus negocios.

Na súa intervención, o presidente da Deputación destacou a importancia de “escoitar e atender ao sector privado” para poder acertar coas políticas públicas. Agradecendo o compromiso do empresariado co territorio ao impulsar as súas ideas de negocio en Ourense contribuíndo con elo a “mantelo vivo e convertelo nun lugar de referencia de moitos sectores produtivos”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------