Orega acolleu unha animada ‘Foliada da Escarocha’, con concursos, xantar e actuacións musicais

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A localidade de Orega, no municipio de Leiro, acolleu este pasado sábado a cuarta edición da ‘Foliada da Escarocha’, unha festa tradicional que xira ao redor do millo, un cultivo que tivo o seu auxe na contorna desta parroquia e a partir do que se elaboraba a fariña para facer pan, bica e outros produtos gastronómicos.

A celebración abríase pola mañá cunha alborada a cargo do grupo Os Biruxes e unha sesión vermú, como anticipo dun xantar popular, cunha paella elaborada en cociña de leña e no que os comensais recibiron unha cunca a xeito de agasallo.

A media tarde tiña lugar o 3º concurso de escarochado, con premios para os máis áxiles na limpeza das víñas que cobren as espigas do millo, e un obradoiro de elaboración de bica tradicional, rematando a sesión cun recital de ‘Os Pataghullos’ e unha foliadiña protagonizada pola cativada.

Xa pola noite, A Requinta de Lampai ofreceun un concerto, que deu continuidade á foliada con caldo, petiscos, chocolate e bica doce para tódolos asistentes.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------