Este sábado 11 de outubro 2025 preséntase na Colección Museográfica, Casa do Chocolate en Parada de Sil, Ribeira Sacra o novo Libro de “Os Bolechas”.
O libro conta, dunha maneira amena e sendo protagonistas os Bolechas, a historia do chocolate dende as súas orixes ata o creación e traballo que tivo a Familia Casares da súa Fábrica de Chocolate en Teimende. E todo o proceso de convertir os graos de cacao en tableta de chocolate.
A Casa do Chocolate de Galicia, por tanto, tamén celebra este día, abrindo as súas portas con 2 visitas guiadas teatralizadas e gratuítas, mostrando como foi o decorrer do chocolate ao longo dos séculos. Personaxes coma Moctezuma, Hernán Cortés, os recolectores do cacao, os monxes do Mosteiro de Pedra, a aristocracia do século XVIII ate as 4 xeracións de chocolateiros artesáns que foron a Familia Casares que nos ensinarán e porán en funcionamento as máquinas que elaboraban o famoso Chocolate Caldelas.
Animamos a visitarnos este sábado ás 12:00 hrs ou as 17:00 hrs. para disfrutar do único espazo museográfico adicado ao chocolate en Galicia.
Tódalas persoas que nos visiten terán un agasallo ao finalizar a visita e poderán mercar o NOVO LIBRO DE OS BOLECHAS: “ Lembranzas con sabor a chocolate: A Casa do Chocolate de Galicia”
R Esta Xornada de Visitas guiadas teatralizadas será gratuíta para tódolos asistentes.
R Faranse visitas guiadas ás 12:00 e as 17:00 hrs do sábado 11 de outubro.
R Visita guiada aconsellada para nenos maiores de 7 anos.
R Sen reserva previa.
R +INFO en 689683713 ou ben no email turismo@paradadesil.es.