Marcos Nogueiras elixido por unanimidade do BNG para ser o novo alcalde de Vilar de Santos

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Marcos Nogueiras: “Desde o BNG imos seguir facendo de Vilar de Santos un referente de bo goberno e compromiso co País.”

Vilar de Santos, 29 de outubro de 2025. A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego de Vilar de Santos celebrada onte pola tarde, acordou por unanimidade propor a Marcos Nogueiras Rodríguez, de 41 anos,  como novo alcalde do concello.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Marcos Nogueiras é actualmente tenente de alcalde do Concello de Vilar de Santos e responsable comarcal do BNG Arnoia-A Limia. Enxeñeiro Industrial de formación, conta con dous másteres e rexenta unha explotación agraria no propio municipio.

O  que será novo alcalde agradeceu a confianza depositada nel pola organización, asegurando que afronta esta nova etapa “con moita ilusión, responsabilidade e compromiso co proxecto colectivo do BNG, que demostrou ser útil para mellorar a vida da nosa xente e consolidar un modelo de concello sostible, participativo e vivo”.

“Imos continuar o traballo  destes anos, profundando nas políticas en defensa do noso rural, dos servizos públicos e da igualdade, sempre con diálogo coa veciñanza e mirando cara o futuro de Vilar de Santos”, engadiu Nogueiras.

Desde o BNG de Vilar de Santos salientouse tamén o consenso e a unidade coa que se tomou esta decisión, como mostra da fortaleza do proxecto nacionalista no concello.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------