O musical “Las Guerreras K-Pop en Concierto” chegará ao Auditorio do Carballiño o 4 de decembro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Auditorio Manuel María do Carballiño acollerá o musical “Las Guerreras K-Pop en Concierto”, baseado na célebre película de Netflix “Las Guerreras K-Pop”. O espectáculo, que está percorrendo teatros de toda España, fai parada no Carballiño o próximo 4 de decembro, ás 18,00 horas.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, convida á veciñanza a desfrutar deste musical, que presenta a famosa historia das superestrelas do pop coreano Rumi, Mira e Zoey. As protagonistas non só son cantantes, senón que tamén teñen unha identidade secreta como cazadoras de demos. O público acompañará ás tres artistas na súa loita contra os Saja Boys, unha banda musical formada por cinco demos disfrazados.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A peza está dirixida por Josema Arreciado e Sandra González, e conta cun reparto de luxo con Marta Castro, Paula Alcocer, Josema Arreciado, Jesús Trinidad ou Adán González.

As entradas xa se poden adquirir a través de entradasgau.com.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------