O programa “Ourense Reto Rural Dixital” ten como obxectivo o desenvolvemento de programas formativos orientados fundamentalmente a persoas maiores, mulleres, infancia e xuventude e persoas desempregadas. Toda a información está en https://retodigital.depourense.gal/
Esta iniciativa conta xa coa adhesión de 67 municipios da provincia onde desenrolar o programa e tamén coa adhesión de 17 asociacións de interese social no eido de prestar servizos a cidadanía. A Deputación segue en contacto cos 25 concellos que aínda non asinaron a adhesión co obxecto de integralos no programa de forma inminente
OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Ourense, 30 de novembro de 2025.
A Deputación de Ourense, arranca no mes de novembro a execución do Programa “Ourense Reto Rural Dixital” que ten como obxectivo principal a capacitación dixital de 6.000 persoas do ámbito rural da provincia de Ourense.
A institución provincial, como entidade beneficiaria da axuda do Programa Nacional “Reto Rural Digital”, para proxectos de capacitación dixital no medio rural, no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, conta xa coa adhesión de 67 municipios da provincia onde desenrolar o programa e tamén coa adhesión de 17 asociacións de interese social no eido de prestar servizos a cidadanía. A día de hoxe a Deputación segue en contacto cos 25 concellos que aínda non asinaron a adhesión co obxecto de integralos no programa de forma inminente.
O Programa Reto Rural Digital, ten como obxectivo o desenvolvemento de programas formativos de capacitación dixital nas zonas de prioridade demográfica, (provincia de Ourense), orientadas fundamentalmente aos seguintes colectivos: persoas maiores, mulleres, infancia e xuventude e persoas desempregadas, coa finalidade de lograr a formación de 6.000 persoas da provincia. Toda a información atópase en https://retodigital.depourense.gal/
Os programas de formación estarán enfocados á adquisición de competencias dixitais básicas, para poder operar con confianza e seguridade no momento de comunicarse, informarse ou realizar transaccións, relacionarse e interactuar coas Administracións Públicas, e resolver problemas sinxelos do contorno dixital. Serán accións formativas totalmente gratuítas para o alumnado, de 7,5 horas lectivas en diferentes modalidades, en liña e presenciais.
A presentación oficial do programa terá lugar o vindeiro xoves 6 de novembro de 2025, ás 10:00 horas no Salón de Actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel.
 
			 
		 
 

 
 
 
















