A rapazada do Pai, do Ceip e o Anpa de Sandiás organizan  uns variados e expléndidos obradoiros e xogos para celebrar o samaín

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pasado venres 24 de Outubro na Casa de Cultura de Sandiás e na carballeira ao seu carón, os nenos e meniñas do Pai e o Ceip de Sandiás coa marabillosa colaboración do ANPA, os equipos educativos e familias organizaron e gozaron varios Obradoiros de Samaín como os de Adhesivos terroríficos, Cabaciñas xigantes con confetis, Estampaxe de cabaciñas, follas terroríficas, cabaciñas molonas e esqueletos xigantes. Tamén xogo do Bingo rastrexando polo monte as cabaciñas e completando ou cartón dous monstros.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Compre agradecer ao ANPA a colaboración xenerosa na elaboración dos obradoiros nos que se elaboraron os elementos de decoración deste ano. Tamén agradecementos ás familias as propostas do Xogo dos Tuff con espagueti e a procura de arañas, vermes entre outros bichiños e a Trictrak pola proposta do Xogo do Bingo dos monstros e conseguir completar o cartón do Bingo e así conseguir unha sorpresiña.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

En realidade, foi unha tarde moi entretida onde todos e todas gozaron unha chea.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------