----------------------------------------------------------------------------------------------------------
O Museo Etnolóxico de Ribadavia presenta “Surrealismos cotiáns”, unha exposición que convida a descubrir como o inédito, o absurdo e o marabilloso se agochan no máis común, transformando o día a día nun territorio para a imaxinación.
A mostra reúne obras e documentos vinculados á Fundación Granell, nun percorrido que pon en diálogo o espírito surrealista co ámbito doméstico e cotián, revelando novas formas de mirar o real desde o inesperado.
A inauguración desta exposición terá lugar mañá xoves, 6 de Novembro, ás 19,00 horas, e dende a dirección do Museo convidan a toda a cidadanía a compartir arte, conversa e sorpresa.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















