Expourense pecha como recinto masivo de vacinación fronte á covid

Con mais de 500.000 vacinas administradas na provincia, o Servizo Galego de Saúde pechou este sábado Expourense como sede de vacinación masiva, nunha xornada na que conviviu o sistema de autocita e o de libre acceso, que agora continuará desde os tres hospitais públicos, ata o vindeiro día 30, e nas residencias sociosanitarias, coa terceira dose.

Publicidade

A pandemia remite, en boa parte grazas a efectividade da vacina e ao bó traballo dos equipos de vacinación. A nivel provincial os casos baixan, por vez primeira, dos douscentos positivos nesta quinta onda.