O festival Pé na Curta celebra a súa 1ª edición con 3 días de cine e montaña en Ourense.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Do 27 ao 29 de novembro, Ourense acollerá a 1ª edición do festival audiovisual Pé na Curta, un evento que une o cine, a fotografía, a montaña e a natureza, e que se realiza no marco de actividades de celebración do 20 aniversario da Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU).

A programación arrancará o xoves 27, no local de ASESOU, coa proxección da selección oficial de curtas, onde o público asistente poderá votar o Premio do Público.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


venres 28, o festival trasládase ao centro da cidade coa inauguración da exposición fotográfica en La Zapatería del Abuelo, seguida logo no Centro Cultural Marcos Valcárcel coa charla da montañeira leonesa Ana Isabel Martínez, escaladora que conta con máis de 100 ascencións ao Pico Urriellu. Durante a xornada, farase tamén entrega do Premio á traxectoria a Antonio Fariña, histórico escalador de referencia no mundo da escalada ourensá.

sábado 29 de novembro, o Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá a charla de Dani Andrada, unha lenda da escalada a nivel internacional, e a proxección e entrega de premios ás curtas gañadoras desta edición, que inclúe tres galardóns outorgados polo xurado e o Premio do Público. 

Con este programa, Pé na Curta busca consolidarse como un espazo de encontro entre a creación audiovisual e a cultura da montaña, ofrecendo ao público galego 3 días de historias, imaxes e experiencias compartidas.

Datas: 27, 28 e 29 de novembro de 2025
Lugares: Local de ASESOU, La Zapatería del Abuelo e Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense)

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------