O BNG reclama “transparencia” e “implicación” do Concello do Carballiño na situación do C.D. Arenteiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) do Carballiño expresa a súa preocupación pola situación actual do Club Deportivo Arenteiro e polo futuro inmediato da entidade, coincidindo coa convocatoria da asemblea extraordinaria deste vindeiro xoves, 13 de novembro de 2025, que se prevé decisiva para o seu porvir.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende o BNG lembran que “C.D. Arenteiro, con preto de setenta anos de historia, é parte esencial do patrimonio deportivo e social do Carballiño, e a súa identidade vai máis alá dos seus socios, lexítimos propietarios ata que se complete -de aprobarse- a súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva (SAD)”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O BNG apunta que o Concello do Carballiño mantén acordos co clube relativos á cesión do estadio de Espiñedo e á xestión da escola municipal de fútbol, polo que o goberno local non pode desentenderse da súa situación. Esta formación política amosa preocupación pola xestión da base, ao saberse que se trasladan partidos a Salamonde mentres o primeiro equipo adestra na Uceira, ou que se ceden instalacións a outros clubes, como ocorreu o pasado sábado, en prexuízo da canteira local.

Por todo elo, o BNG carballiñés demanda que “o señor alcalde, en representación do Concello do Carballiño, solicite á presidencia do C.D. Arenteiro que, na vindeira asemblea extraordinaria do clube, se dirixa con transparencia total á masa social, e, posteriormente, que as decisións tomadas sexan explicadas de xeito cristalino ao conxunto da veciñanza do Carballiño”.

Por outra banda, a formación nacionalista pide aclaracións sobre “o sucedido co adestrador do filial e coordinador das escolas, que motivou a marcha de xogadores”, e solicita que “o Concello supervise unha xestión xusta e non discriminatoria da escola e das instalacións municipais, e se facilite e publique no portal de transparencia a copia dos acordos asinados en xullo de 2023 entre o Concello e o club”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------