O Arenteiro racha coa súa liña ascendente tras perder 1-2 co Barça Atlètic no Espiñedo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A traxectoria de Club Deportivo Arenteiro no grupo 1º da Primera RFEF tivo onte un punto de inflexión no campo municipal de Espiñedo ao caer derrotado fronte ao Barça Atlètic, poñendo así fin a unha racha de sete partidos sen coñecer a derrota. As expectativas dos verdes eran conquerir unha victoria na casa logo de tres empates consecutivos, pero certos erros en defensa e a mala fortuna no ataque condicionaron o resultado final de 1-2. Catro internadas do conxunto que adestra Raúl Jardiel propiciaron oportunidades fallidas para David Ferreiro, Diego Gómez e Jordan Sánchez nos primeiros 10 minutos de xogo, que tampouco aproveitaron o propio Gómez e Pascu antes do minuto 29, cando un erro de Moreno facilitou a Barberá introducir o esférico na portería de Diego García (0-1).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Trascurrido un cuarto de hora da segunda parte, un centro de Ferreiro foi rematado por Baselga e tras rebotar no corpo do porteiro é recollido por Pascu, que dispara e o balón é rexeitado na liña de meta por Olmedo. No 82, Dani Rodríguez fai o 0-2 tras unha contra dos cataláns, e, 10 minutos despois, é Pascu quen recorta distancias (1-2) xa sen tempo para facer máis. Unha derrota que baixa ao Arenteiro ao 4º lugar da clasificación, con 23 puntos, e permite saír ao Barça Atlètic dos postos de descenso (15º) con 17 puntos.

Na súa comparecencia ante os medios tra-lo encontro, Raúl Jardiel destacou as ocasións claras de gol que tiveron os seus xogadores no arranque do partido, á vez que valorou a súa actitude nos últimos minutos para conquerir o gol que xa sería definitivo. Na vindeira xornada, o conxunto carballiñés desprazarase ata terras de Euskadi para xogar o vindeiro domingo, 8 de decembro, dende as 12,00 do mediodía, co colista, o Sestao River, que ten 13 puntos, e vén de perder co Amorebieta (2-0).