O balance económico de Club Deportivo Arenteiro foi un dos puntos máis relevantes da asamblea extraordinaria da entidade, que tivo lugar na noite de onte no Auditorio Manuel María. Unha xuntanza que motivou á xunta directiva a plantexar unha serie de propostas para tentar paliar a situación, seguindo a mesma liña da asamblea do pasado febreiro, e que foron aprobadas pola maioría dos socios que asistiron. Entre éstas, a disponibilidade para aceptar novas achegas de socios ou de persoas alleas ao club, e a autorización á presidencia ou á xunta directiva para realizar as xestións necesarias e concretar unha operación de préstamo, de ser preciso.
O presidente do club, Argimiro Marnotes, subliñou que os gastos da tempada anterior ascenderon a 2,8 millóns de euros, xa que se rexistrou un incremento de 180.000 euros sobre o orzamento previsto, aínda que a débeda acumulada de exercicios anteriores tan só é de 128.000 euros. Por elo, a entidade precisa dunha cantidade aproximada de 3 millóns de euros para afrontar a presente campaña 2025-2026, tendo en conta a suba de salarios dos xogadores, que pasa de 20.000 a 25.000 euros, e que os ingresos de abonados só supoñen 150.000 euros de ingresos. Ao respecto, o vicepresidente Xan Pinal lembrou que, na actualidade, están rexistrados un total 1.066 abonados, dos cales 774 son socios que renovaron o seu carné e outros 132 son altas novas. Ademais, apuntou que o club posee 289 fichas federativas e 29 técnicos.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Marnotes tamén comentou que a familia Rivas aportara 1.210.000 euros a tempada pasada, unha cantidade que poderían optar á que lles sexa devolta ou intercambiala por accións cando C.D. Arenteiro se converta en Sociedade Anónima Deportiva (SAD), un proceso que aínda está pendente de concreción. Neste sentido, a directiva enviará ao Consello Superior de Deportes (CSD) unha valoración do patrimonio da entidade para que este organismo lle dé o visto bó.
O presidente do Arenteiro asegurou que “o maior valor que pode ter este club é a categoría, e iso é o que imos defender”, tendo en conta que ésta é terceira tempada en Primeira Federación.

















