A Biblioteca Municipal do Carballiño recupera por completo a súa actividade coa reapertura da sala de préstamos

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A área de Educación do Concello do Carballiño conclúe a renovación do edificio da Biblioteca Municipal coa reapertura este mércores da sala de préstamos. A intervención, valorada en 30.000 euros, incluíu o cambio do mobiliario do segundo andar (ademais da demolición dun tabique e o peche do oco en forxado), así como diversas reparacións en paramentos e carpintaría interiores de todo o edificio. “A poboación do Carballiño xa pode desfrutar dunha biblioteca máis cómoda, confortable e accesible”, resalta Lorena Castro, concelleira de Educación.

Días despois da reapertura da sala de estudo, a sala de préstamos tamén volve a actividade co seu horario habitual, de 9,30 a 13,30 horas e de 17,30 a 20,30 horas de luns a venres, e de 10,00 a 14,00 horas os sábados.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cabe destacar que a Biblioteca continúa inmersa no expurgo dos máis de 25.000 exemplares que atesoura o espazo cultural. O proceso, iniciado o pasado mes de outubro, permitirá liberar espazo, mellorar a accesibilidade da poboación, optimizar os recursos, garantir a calidade do fondo e conservar adecuadamente o patrimonio bibliográfico relevante.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------