O Grupo Provincial do PP denuncia a supresión das competencias de seis xulgados comarcais da provincia en materia de violencia de xénero

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Grupo Provincial do PP denuncia a supresión das competencias de seis xulgados comarcais da provincia (Verín, O Carballiño, Xinzo, Ribadavia, Celanova e Bande) en materia de violencia de xénero coa entrada en vigor  do Real Decreto 422/2025, do 3 de xuño, que centraliza estas cuestións na capital da provincia, causando un grave prexuízo ás vítimas, especialmente ás do medio rural.

A deputada provincial de Igualdade, Teresa Barge; xunto á portavoz do Grupo Provincial do PP, Patricia Torres; á vicesecretaria de Igualdade do PPdeOU, Elena Freijedo; á concelleira do PP do Carballiño, Lorena Castro; e alcaldesas, alcaldes e representantes populares dos concellos da comarca, explicaron hoxe, fronte ao xulgado do Carballiño -un dos xulgados afectados por esta medida-, os detalles desta moción que levarán ao vindeiro pleno do mes de novembro. Á cita tamén acudiron avogadas e avogados que desempeñan a súa tarefa diaria no Pazo de Xustiza do Carballiño.

O Grupo provincial do PP expresa o “firme rexeitamento” á centralización das competencias en materia de violencia contra as mulleres que suporá ademais, en moitos casos, “unha revitimización das mesmas obrigándoas a desprazarse ata unha hora para chegar á cidade, en detrimento da xustiza de proximidade”, salientou Teresa Barge.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na moción, o PP tamén manifesta o seu “apoio institucional” ao recurso contencioso- administrativo interposto polo Colexio da Avogacía de Ourense ante o Tribunal Supremo contra este decreto, por considerar que os seus argumentos defenden o interese xeral da cidadanía da nosa provincia e a correcta tutela xudicial das vítimas de violencia de xénero.

Neste sentido, Patricia Torres dixo que esta moción denuncia “os ataques constantes do Goberno de Sánchez con esta provincia”, neste caso, nunha cuestión tan delicada como son os xulgados de Vioxen, demostrando que fan “política de despacho e que descoñecen por completo o rural”.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

A iniciativa recolle que a loita contra a violencia de xénero é unha prioridade social e institucional ineludible, e un dos seus piares fundamentais, como tamén garantir un acceso rápido, próximo e eficaz das vítimas á xustiza. Por elo, “aínda que outros partidos queren levar a bandeira do feminismo, desde o PPdeOU imos a seguir estando ao carón das mulleres, das vítimas de violencia de xénero, e imos loitar para que o Goberno de Sánchez suprima esta medida”, reivindicou Elena Freijedo.

Pola súa parte, os edís populares do Carballiño sumáronse a esta reivindicación que materializarán a través dunha moción que levarán ao vindeiro pleno municipal esperando que sexa “apoiada por toda a Corporación municipal”, dixo Lorena Castro. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------