A veciñanza de Berán reclama que os plenos da Entidade Local Menor se celebren na súa sede oficial do Pazo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A veciñanza de Berán vén de manifestar o seu malestar polo traslado dos plenos da Entidade Local Menor dende a súa sede oficial do Pazo á Casa do Concello de Leiro, a través dun escrito dirixido ao goberno desta institución. Apuntan su “malestar ante a falta de respeto institucional, que de maneira reiterada, están mostrando os representantes legais (presidente e vogais) cara a Entidade Local Menor de Berán, e os veciños que pretende representar”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


No escrito lembran “que dende fai un tempo, con anterioridade a aprobación das bases de adxudicación da explotación do Balneario, o 15 de maio deste ano, os representantes da Entidade Local Menor, decidiron trasladar a celebración dos plenos de dita Entidade a casa do Concello de Leiro afastándoos da sede natural e do ámbito territorial que representa. Unha decisión que claifican de “falta de respeto institucional cara a veciñanza á que se supón deben dar conta e representar así como órgano institucional, desvinculando o seu órgano de goberno do espazo que lles corresponde, e que forma parte da identidade histórica e administrativa de Berán”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un traslado que consideran “dificulta a participación veciñal, xa que moitos veciños e veciñas que traballan, atopan imposible asistir os plenos nos horarios establecidos, cando estes se celebran en Leiro, aumentando aínda máis a distancia física e práctica respecto da vida pública local”, unha situación “perxudicial para a trasparencia, a participación e o exercicio efectivo dos dereitos veciñais”.

Por todo elo solicitan que o presidente e vogais da Entidade Local Menor de Berán rectifiquen a decisión adoptada e dispoñan que os plenos da Entidade volvan celebrarse no Pazo en Berán, sede oficial da Entidade Local, tendo en conta os criterios de accesibilidade e participación veciñal o establecer os horarios de celebración dos órganos colexiados, garantindo que a veciñanza poida exercer o seu dereito a asistencia e información”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------