O siderometal ourensán toma outra vez a rúa na primeira das dúas novas xornadas de folga para reclamar un convenio digno

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Centos de persoas traballadoras participaron nos piquetes dende primeira hora e na manifestación que percorreu a cidade este mediodía

Ourense, 19 de novembro de 2025.

O persoal do sector do siderometal tomou hoxe outra vez as rúas de Ourense coincidindo coa primeira das dúas novas xornadas de folga de 24 horas convocadas para reclamar un convenio colectivo provincial digno. Centos de persoas traballadoras participaron nos piquetes informativos despregados dende primeira hora da mañá e na manifestación que percorreu a cidade ao mediodía.

Co de hoxe son xa seis os días de paro total protagonizados polo sector dende o mes de setembro por iniciativa da CIG e da UGT en demanda dunhas mellores condicións laborais. O achegamento entre as partes fíxose evidente coa celebración dun encontro onte mesmo, mais o acordo non foi posíbel porque a patronal non modificou a súa última proposta. Dende a parte social insisten nunha suba salarial xusta e na necesidade de reducir a xornada de traballo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Dende a CIG-Industria poñen en valor o compromiso e a determinación que están a amosar as persoas traballadoras, que unha vez máis optaron por secundar maioritariamente o paro e participaron nos piquetes e na manifestación posterior. O secretario nacional da federación, Marcos Conde, que estivo tanto na manifestación do mediodía como no piquete despregado no polígono industrial de San Cibrao dende as 7:00 horas, salientou o feito de que o de hoxe fose o máis numeroso dende o inicio das xornadas de folga no mes de setembro.

O responsábel sindical incidiu en que precisamente esta capacidade de loita está detrás do cambio de postura do empresariado, que nun primeiro momento amosaba unha actitude prepotente que foi variando conforme avanzou o conflito. “Agora as posturas están máis próximas, pero na última xuntanza negáronse a variar a anterior oferta”. Polo que os sindicatos optaron por seguir adiante cunha folga que mañá vivirá a súa segunda xornada.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------