O salón de plenos da Casa do Concello do Carballiño acolle mañá, 25 de novembro, un acto conmemorativo no Día Internacional en contra da Violencia de Xénero, que terá lugar ás 12,00 horas. A concelleira de Igualdade, Silvia Baranda, dará a lectura do manifesto institucional, seguido das actuacións do grupo de pandereteiras As Riscadeiras, do Centro Sociocomunitario, e de ELOS (Marta Bravo e Sérgio Tannus). No acto participa a Corporación Municipal e representantes das entidades sociais e colectivos do Carballiño como Cruz Vermella, Aspadisi, Asdifica e asociacións de mulleres.
Tamén ás 12,00 horas, a Praza Maior de Ribadavia acolle unha concentración para a lectura do manifesto do 25N da Federación Galego de Municipios e Provincias (Fegamp) para reafirmar o compromiso coa loita contra a violencia de xénero e machismo en Galicia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

















