Gran acollida no Taller de Produtividade con IA Xenerativa organizado pola CEO no marco de ExportOU.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As pemes ourensás avanzan cara á sustentabilidade cun taller práctico sobre o novo estándar europeo VSME
A CEO organizou unha sesión en liña práctica para coñecer unha nova ferramenta de informes de sustentabilidade
O proxecto Exportou, da CEO co apoio da Deputación, orienta ás pemes ourensás no seu camiño cara á adopción de parámetros máis sostibles
Ourense, 25 de novembro, 2025_ O proxecto Exportou, impulsado pola CEO e apoiado pola Deputación de Ourense a través do Inorde, celebrou esta mañá un taller en liña centrado en achegar ás pemes a ferramenta denominada VSME (Estándar Voluntario para Micro, Pequenas e Medianas Empresas), un modelo simplificado recomendado pola Comisión Europea e deseñado para facilitar a elaboración de informes de sustentabilidade, e comunicar a súa sustentabilidade dunha maneira clara, proporcionada e realmente útil para a súa xestión diaria.
A sesión enmarcouse no obxectivo de Exportou de axudar ás pequenas e medianas empresas a acelerar os seus procesos sostibles mediante o uso de tecnoloxía e metodoloxías accesibles, proporcionando unha folla de roteiro claro para integrar a sustentabilidade na súa xestión diaria.
María Fernández, responsable de Exportou, presentou a xornada e á relatora, Marta Sánchez Nande, experta en proxectos de sustentabilidade e directora de PFS Grupo, con ampla traxectoria asesorando a empresas na integración de criterios ASG e na implantación de modelos de información sostible adaptados á realidade das pemes. A relatora guio á vintena de empresas conectadas á sesión, expoñendo en que consiste o estándar VSME, como aplicalo de forma eficaz e como aproveitalo como unha verdadeira ferramenta de mellora e competitividade.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A modo de introdución, a relatora explicou a importancia crecente dos criterios ESG no contexto empresarial actual e como os novos marcos regulatorios europeos sitúan ás pemes #ante a necesidade de demostrar transparencia, compromiso ambiental e boas prácticas sociais e de gobernanza. Fronte á complexidade dos estándares obrigatorios para grandes empresas, o modelo VSME, desenvolto por EFRAG (Grupo Consultivo Europeo en materia de Información Financeira), ofrece unha alternativa proporcional e fácil de aplicar que permite responder as esixencias de clientes, investidores e cadeas de subministración sen xerar unha carga administrativa excesiva.
No taller abordáronse os dous módulos que compoñen este estándar —básico e completo— así como as principais métricas que deben reportar as empresas: consumo enerxético, emisións de gases de efecto invernadoiro, uso de auga, xeración de residuos, condicións laborais, saúde e seguridade, igualdade, formación e prácticas de gobernanza. Tamén se falou dos beneficios que achega adoptar un marco estruturado de sustentabilidade, entre eles o acceso a financiamento verde, a mellora da competitividade e a preparación #ante futuras esixencias regulatorias.
As empresas participantes recibiron pautas prácticas para iniciar o seu primeiro informe de sustentabilidade, desde a recompilación de datos ata o uso de persoais oficiais que facilitan a elaboración do reporte. Con este taller, Exportou continúa avanzando na súa misión de acompañar ás pemes na súa transición cara a modelos de negocio máis sostibles, competitivos e aliñados coas demandas europeas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------