O PsdeG pide a dimisión “inmediata” de Jácome despois da sua agresión “machista” a unha muller nas portas do concello no inicio da folga do transporte

IES CHAMOSO LAMAS

Os e as socialistas condenan rotundamente a agresión do alcalde e esíxenlle ao PP que deixe de amparar este tipo de actitudes “violentas” e “impropias” da máxima autoridade da cidade de Ourense

Amosan o seu “total apoio” aos 126 traballadores e traballadoras da empresa de transporte urbano, que “están reivindicando os seus dereitos” e acusan ao PP e a Jácome da “precarización” dos servizos  

SPORTUR GALICIA 2022

O PSdeG-PSOE de Ourense esixe a dimisión “inmediata” do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, despois da súa agresión “machista” e “misóxina” a unha muller sindicalista nas portas do Concello de Ourense, no comezo da folga indefinida do servizo de transporte urbano. Os e as socialistas condenan a agresión e pídenlle ao PP que deixe de “amparar” este tipo de actitudes violentas e “manter” ao fronte da alcaldía de Ourense a unha persoa que agride física e verbalmente á cidadanía.

Dende o Grupo Municipal Socialista condenan “enerxicamente” a agresión sufrida por esta sindicalista durante as protestas celebradas na Praza Maior e censuran a actitude “violenta” do rexedor. Os socialistas consideran que Pérez Jácome “non está á altura do cargo de alcalde da terceira cidade de Galicia” e esíxenlle ao Partido Popular que se “manifeste publicamente” e aclaren se o van seguir mantendo como alcalde despois desta agresión física.

Os e as socialistas amosan todo o seu “apoio” a todos os representantes sindicais, traballadores e traballadoras que se achegaron a Praza Maior para defender os seus dereitos e destacan que son precisamente estes traballadores e traballadoras “os que manteñen vivo un servizo en precario, sen previsións e sen folla de ruta para volver a recuperar o esplendor do transporte urbano”. Neste senso, tamén destacan que “os culpables non son os traballadores e as traballadoras, senón o PP e Gonzalo Pérez Jácome, que levan 7 anos sen solucionar esta problemática na cidade”.

A vicevoceira do PSdeG-PSOE de Ourense, Natalia González Beneitez, sinalou que dende o PSOE “trasladamos todo o noso apoio aos 126 traballadores e traballadoras desta empresa, que están a reivindicar os seus dereitos laborais”. A edil socialista explica que en Ourense “levamos 7 anos no que o servizo de transporte urbano segue en precario, 7 anos nos que só hai dous culpables desta situación, o Partido Popular e o actual alcalde, Pérez Jácome”.

A secretaria local da executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense tamén aproveitou para “condenar rotundamente” a agresión do alcalde de Ourense a unha muller sindicalista, sinalando que “Ourense non merece ter un representante público que actúe desta forma violenta contra quen reclama os seus dereitos laborais”, motivo polo que lle esixe a súa dimisión “inmediata”, xa que tal e como apunta “os ourensáns e as ourensás non merecen este bochorno”. Na mesma liña, González Beneitez, tamén se pregunta se o Partido Popular “ampara este tipo de actuacións violentas” e se o alcalde “houbese actuado da mesma forma se en lugar dunha muller, se atopara cun home na mesma situación”.

No relativo a folga do transporte urbano, os socialistas lembran que tanto Jesús Vázquez, como Gonzalo Pérez Jácome foron “incapaces” nestes últimos sete anos de sacar adiante un prego do servizo de transportes, que a día de hoxe “segue sen existir”. Denuncian que a “precariedade” do servizo tamén afecta aos traballadores e traballadoras, que “seguen nunhas condicións lamentables e prolongadas durante os últimos sete anos”.  

Os socialistas esíxenlle ao rexedor que “medie pacificamente e sen recorrer a violencia física” e tamén que “defenda” aos traballadores e traballadoras, buscando unha solución “urxente” para este servizo esencial para os cidadáns de Ourense. Dende o PSdeG-PSOE de Ourense tamén apuntan a que “non podemos estar con esta folga e que a prioridade de Jácome sexa fixar uns servizos mínimos e non defender os dereitos das persoas”.

Condena das executivas municipal e provincial

Tanto a executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense na cidade, como a executiva provincial socialista condenan a agresión do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e denuncian que o PP “ampare este tipo de actuacións violentas e impropias dun rexedor e cargo público”. Os socialistas de ambas executivas esixen a súa dimisión inmediata e reclámanlle a Alberto Núñez Feijóo e a Manuel Baltar que “deixen de apoiar ao rexedor e que tomen as medidas necesarias para apartalo da alcaldía, despois da súa actitude violenta, machista e misóxina”.