O Equipo Roca da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación “SOLD”, detivo o pasado martes, 25 de novembro, a un home de 58 anos de idade, como presunto autor dun delito de roubo con forza cometido o día 16 de agosto nunha vivenda na localidade de San Esteban, no municipio de Castrelo de Miño, na que accedeu ao interior tras forzar unha xanela situada a tres metros de altura e apoderouse de xoias por valor de 2.000 euros.
As xoias substraídas foran vendidas nun establecemento de compro-ouro de Ourense. O detido xa tiña antecedentes por tres feitos semellantes.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O mesmo equipo de investigación, o Equipo Roca da Garda Civil de Celanova, no marco da Operación “LLETECAR” tomou declaración en calidade de investigados a dous veciños da Cañiza, de 53 e 55 anos, de idade de como presuntos autores dun delito de furto de 2.380 metros de cable telefónico valorado en 6.000 euros.
Os feitos ocorreron o día 7 de setembro no punto quilométrico OU-404 da estrada na localidade de Outormuro, no municipio de Cartelle.









