O Auditorio Manuel María do Carballiño acollerá o venres 5 de decembro a partir das 20,30 horas o concerto do grupo valenciano Bombai, autor de temas tan coñecidos como “Solo si es contigo” ou “Tú me has cambiado”. A cita, enmarcada na programación de Nadal da Concellería de Cultura, está organizada por Cadena 100 e conta coa colaboración do Concello.
“É un orgullo poder contar cun grupo de nivel estatal como é Bombai, e que sexa de balde é unha boa oportunidade para a veciñanza para desfrutar da música”, apunta Diego Fernández, edil de Cultura, que agradece a Cadena 100 escoller O Carballiño para esta cita musical.
O grupo, que cumpriu 10 anos sobre o escenario este 2025, interpretará temas actuais, pero tamén dos seus primeiros traballos. A entrada é gratuíta, ata completar aforo, e as entradas pódense recoller nas oficinas de Cadena 100 en Ourense ou no local de Arimgraf no Carballiño.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O concelleiro recorda a intensa actividade cultural prevista para a época de Nadal. A próxima semana, ademais do concerto de Bombai, o Auditorio Manuel María tamén acollerá o xoves 4 de decembro o concerto “Las guerreras K-Pop”, un tributo á famosa película de Netflix.

















