A Deputación aborda a mellora da estrada provincial entre Vilanova e Soutopenedo, en San Cibrao das Viñas, cun investimento de máis de 315.000 euros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 4 de abril de 2025.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense está a executar o proxecto de mellora integral da estrada provincial OU-0517, no concello de San Cibrao das Viñas, no tramo comprendido entre Vilanova e Soutopenedo, obras nas que investirá máis de 315.000 euros.

Tras unha primeira fase xa rematada hai dous anos, na actualidade realízanse traballos de ensanche da estrada e de habilitación dun itinerario peonil que vai desde Vilanova de Rante ás instalacións deportivas en Soutopenedo (piscinas e campo de fútbol) e o entorno da Bouteira. Neste caso o investimento supera os 158.000 euros.

Aínda haberá unha terceira fase na que se rematará o ensanche da estrada entre ambas localidades e procederase ao estendido dunha capa de firme na totalidade do tramo de actuación. O orzamento previsto para esta última fase é de máis de 127.000 euros.