A Igrexa de Santiago de Ribadavia acollerá ata o vindeiro 6 de xaneiro o tradicional Belén elaborado por Julio Dabarca, veciño da parroquia de Francelos, e que será inaugurado mañá, ás 13,00 horas. Este traballo artesanal poderá visitarse ata a o Día de Reis en horario de 11,00 a 13,00 e de 17,00 a 19,00 horas na devandita capela.
E outra da citas máis esperadas na capital do Ribeiro é o acendido do alumeado artístico de Nadal, que terá lugar tamén mañá, ás 20,30 horas, na Praza Maior da vila, coa presenza do alcalde, César Fernández, acompañado pola Corporación Municipal.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















