Trátase do décimo séptimo informe de Liberdade Relixiosa que cada dous anos presenta a Fundación Pontificia Axuda á Igrexa Necesitada. O pasado 10 de outubro o papa León XIV tivo unha audiencia co equipo directivo de Axuda á Igrexa Necesitada e entregóuselle este Informe, que agora se está presentando en Galicia e que recolle datos sobre a situación dos cristiáns e a Igrexa nos países máis hostís (guerra, terrorismo, nacionalismo etno-relixioso, IA, indiferenza en Occidente, muller e crente, crime organizado, autoritarismo). Contarase co testemuño do Pai Patrick, sacerdote diocesano en Nixeria, da diocese de Ikot Ekpene ao sur do país. Reside agora en Vitoria realizando o doutoramento e atendendo a pastoral que se lle encomenda e compartirá como é a fe no seu país e como viven os católicos nesta parte do mundo.
Día: martes 2
Hora: 19:00
Lugar: Salón Padre Feijóo do Bispado (está temporalmente inhabilitada a entrada polos jardinillos, co cal para acceder será desde a entrada do Bispado en Progreso 26, veredes o portalón do patio aberto, aínda que vexades a barreira baixada pódese acceder peatonalmente sen problema e, unha vez no patio, ao fondo, está a entrada ao salón)

















