O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa directora do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Celia Adrián, co fin de coñecer de primeira man as distintas formacións impartidas no centro, así como a programación de concertos dirixido ao público en xeral.
Manuel Pardo aproveitou a xuntanza para felicitarlle pola recente obtención da certificación Erasmus+ no seu programa de estudos, que permitirá ao centro establecer un plan para executar actividades de mobilidade de alta calidade no marco dunha iniciativa máis ampla de desenvolvemento da súa organización, así como avanzar na súa estratexia de internacionalización.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















