Moción de Podemos para implementar rastrexos retrospectivos e protocolos de ventilación en espazos cerrados (detectores de co2 e filtros hepa).

O Círculo de Podemos no Carballiño ao pleno do Concello de O Carballiño  ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presentamos para a súa votación e aprobación en sesión plenaria a seguinte PROPOSTA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Galicia é unha das CC. AA. que presentan nas últimas semanas os peores datos epidemiolóxicos. Na nosa comunidade acumúlanse o 2,7% dos casos totais da COVID que se rexistraron en España, pero os 4.504 casos diagnosticados nos últimos 14 días fan que moitos concellos estean en nivel 3 de alerta sanitaria.

PUBLICIDADE ELECTORAL

Os datos recollidos polo Ministerio de Sanidade en canto a taxa de incidencia cada  100.000  habitantes  nas  probas  diagnosticadas  entre  o  9/10/2020  ao

15/10)2020 son de un preocupante índice de 1.324,25 de media xeral. Algúns concellos estes días como poden ser Ourense, O Barco de Valdeorras, Narón ou Laracha superan incluso ese índice.

Os datos procesados só durante o día 16 de outubro nos daban unhas cifras de

7.035 probas diagnosticadas e un taxa de incidencia de 260,6 cada 100.000 habitantes. Un dato moi por enriba o umbral de Alemaña para establecer medidas restritivas, fixado en 50 casos cada 100.000 habitantes.

En canto as datos de capacidad asistencial e actividade COVID-19 nos hospitais, temos en Galicia e con data do 16 de outubro de 2020, 319 persoas ingresadas, cunha porcentaxe de ocupación de camas do 3,95%, porcentaxe que sube ata o 7,29% ao falar de camas ocupadas nas UCI. E os datos de ingresos en dita data son de 52 novos casos fronte a só 16 altas.

Iso si, ao reducir o espazo temporal aos sete días vemos como Ourense tivo

188 contaxios, Vigo 161 ou A Coruña 137.

Actualizando os datos ata a data de 20 de outubro, se rexistraron en Galicia nas últimas 24 horas 357 novos casos, o que nos sitúa nun total acumulado de

5.215  casos  positivos,  cada  vez  máis  preto  do  tope  de  casos  activos  da primeira oleada: 5.481 casos.

Por tanto dende O Círculo de Podemos no Carballiño  esixiremos ao goberno central e ao goberno da Comunidade de Galicia a adopción de medidas máis eficaces para loitar contra a pandemia, baseándose única e exclusivamente en criterios científicos e sanitarios.

Dende este Círculo de Podemos no Carballiño, queremos aportar unha serie de medidas e protocolos que deberían ser tomadas e aplicadas inmediatamente, en base a eses criterios científicos e sanitarios.

I. REALIZACIÓN DE RASTREXOS RETROSPECTIVOS

Recentemente, publicouse un estudo comparativo que examinaba as distintas medidas tomadas por  9 países, entre os que  se  incluía España, contra  a COVID-19. Unha das principais conclusións que se pode extraer é que España necesita aumentar o seu investimento na sanidade pública para compensar a última década de austeridade, que debilitou a sanidade en España e doutros países europeos.

Por exemplo, segundo o último informe da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) España conta soamente con 9,7 camas de coidados intensivos por cada 100.000 habitantes , mentres que a media dos países da OCDE é de 12,0, e outros países como Alemaña (33,9 camas) e Austria (28,9 camas) triplican a cantidade de camas dispoñibles no noso país.

Dito estudo tamén subliña que o persoal sanitario viuse obrigado a traballar durante a pandemia sen o material de protección adecuado, o que causou que máis do 10% dos contaxiados pola COVID-19 no noso país fose persoal sanitario.

Outro punto a tratar de xeito urxente é a situación da Atención Primaria. A Atención Primaria ten que ser reforzado no noso país, e tamén na nosa comunidade autónoma.

Segundo datos da Oficina Europea de Estatística de 2018 , España conta tan só con 77 médicos de atención primaria por cada 100.000 habitantes, dato que nos coloca á cola dos países da Unión Europea, e moi por detrás de países veciños coma Portugal e Francia, con 269 e 142 médicos por 100.000 habitantes, respectivamente.

A situación en Galicia segundo datos do Ministerio de Sanidade, é de 82 médicos de atención primaria por cada 100.000 habitantes. E no tocante ao número do persoal de enfermería é de 68 por cada 100.000 habitantes. Dentro da media española pero moi lonxe de outras CC.AA. como Canarias ou A Rioxa (91 e 94 respectivamente no tocante ao persoal de enfermería) ou Castilla León  ou  Extremadura  (111  e  91  respectivamente  no  tocante  ao  persoal médico).

Xa pasados  9 meses de recollida de datos epidemiolóxicos a nivel mundial existen evidencias sólidas de que a COVID-19 segue un patrón de propagación con  dispersión  moi  elevada.  Que  significa  isto?    Pois  que  a  maioría  das persoas infectadas non contaxian a ningunha outra persoa, mentres que unhas poucas son, imos denominalas,  supercontaxiadoras.

Estas persoas supercontaxiadoras son capaces de infectar a moitas persoas. En particular, certos  estudos suxiren que o 20% dos casos son responsables do 80% dos  contaxios. Isto significa que soamente 1 de cada 5 persoas infectadas  son  capaces  de  contaxiar  a  Covid-19  de  maneira  importante, mentres que as outras 4 persoas probablemente non contaxien a ninguén ou contaxien a moi pouca xente.

Polo tanto é imprescindible     identificar e illar a estas persoas supercontaxiadoras, así como identificar posibles situacións e escenarios onde puidesen contaxiar a moitas outras persoas  é crucial para frear o avance da COVID-19.

.

O modelo actual que temos de rastrexo, denominado rastrexo  prospectivo, que se está levando a cabo na maioría dos países, incluído España, non permite identificar á maioría dos escenarios potencialmente altos de contaxio nin ás persoas supercontaxiadoras.

No rastrexo  prospectivo o xeito de actuar é que  cando se detecta unha persoa contaxiada, téntase identificar as persoas que estiveron en contacto con ela despois do contaxio, e realízanselles probas  PCR para comprobar se se infectaron ou non.

A pesar diso , posto que a maioría das persoas non transmiten a enfermidade de maneira significativa, é moi probable que a persoa contaxiada inicialmente non contaxiase  a outras e, polo tanto, a maioría das probas  PCR darán negativas.

Polo tanto é moito máis eficiente realizar o que se denominan   rastrexos retrospectivos conxuntamente cos rastrexos prospectivos, onde unha vez

identificada unha persoa contaxiada, rastréxanse as persoas que estiveron en contacto con ela antes do contaxio. Desta maneira, téntase localizar á persoa que contaxiou ao paciente e que, potencialmente poida ser unha supercontaxiadora. Posteriormente, faise un rastrexo prospectivo a partir da persoa   supercontaxiadora para tentar localizar a todas as persoas que puidesen ser contaxiadas por ela.

Noutras palabras, e para falar máis claramente,os  rastrexos retrospectivos permiten localizar escenarios e localizacións potencialmente de alto risco de contaxio e identificar a moitas máis persoas contaxiadas que os  rastrexos prospectivos.

Máis   concretamente,   modelos   matemáticos  recentes   mostraron   que   os rastrexos retrospectivos son ao redor de 2 ou 3 veces máis efectivos que os prospectivos. Por tanto, é necesario un cambio de estratexia no modelo de rastrexo no noso país, e polo tanto en particular na Comunidade Autónoma de Galicia.

A  maiores,  este  cambio  de  estratexia  debe  estar  acompañado  por  un incremento considerable no número de   rastreadores. Necesítanse 2000 rastreadores ben preparados para identificar os contactos e interromper as cadeas de transmisión en Galicia, e a día de hoxe se descoñecen os datos reais de rastreadores en Galicia. De feito en sesión plenaria do Parlamento Galego celebrada o día 23 de setembro de 2020 o Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, nunha intervención súa aseguraba descoñecer en que consistía exactamente a figura do rastreador.

II. PROTOCOLOS DE VENTILACIÓN DE ESPAZOS CERRADOS: DETECTORES DE CO2 E FILTROS HEPA

A dia de hoxe   e salvo que a aparición de novos estudios, existen 3 vías coñecidas de transmisión da COVID-19:

1.   Mediante o contacto cunha superficie que conteña o virus;

2.   Exposición a pingas grandes (maiores a 100 micrómetros);

3.   Exposición a pingas pequenas (inferiores a 100  micrómetros).

As dúas primeiras vías de contaxio (superficies e pingas grandes) foron establecidas e recoñecidas  practicamente desde o inicio da pandemia. Cando tocamos coas nosas mans unha superficie que contén a COVID-19,  este pode pasar ás nosas mans e, posteriormente, pode introducirse no noso organismo se nos tocamos a boca, os ollos ou as fosas nasais coas mans.

As pingas grandes expulsámolas como proxectís ao  tusir, esbirrar, cantar e, en menor medida, ao falar. Estas pingas poden infectar a unha persoa se dan na súa boca, ollos ou fosas nasais. Se non dan con ninguén, estas pingas grandes caen ao chan despois de viaxar entre 1 ou 2 metros por efecto da gravidade. As medidas que se tomaron ata momento foron dirixidas a mitigar estas dúas vías de contaxio: unha boa hixiene de mans é crucial para evitar  contaxios mediante o contacto con superficies, e o uso de máscara e manter unha distancia de seguridade de 2 metros para evitar  contaxios por pingas pesadas son as medidas máis efectivas.

Estudos recentes descubriron unha terceira vía de contaxio que ten lugar mediante a inhalación de pingas pequenas ou aerosois a través das fosas nasais e da boca.

Estes aerosois son moito máis pequenos que as pingas grandes e, por tanto, poden permanecer no aire desde segundos ata horas e poden viaxar distancias máis longas. O número de aerosois xerados por unha persoa infectada cando fala e respira é moito maior que o número de pingas grandes.

Así, esta terceira vía de contaxio é probablemente máis importante e potencialmente máis perigosa  que a vía de contaxio por pingas grandes, especialmente en espazos pechados onde os aerosois se poden acumular se a ventilación non é a adecuada. Polo tanto, é preciso deseñar novos protocolos de seguridade que teñan en conta a vía de contaxio por aerosois.

Débense fomentar, na medida do posible, a realización de actividades ao aire libre aproveitando os espazos públicos das cidades.

É dicir, e para entendernos, o peche de calquera espazo público ao aire libre é un erro. Ademais, cando non sexa posible realizar actividades no exterior, como no caso dos centros educativos ou residencias de maiores, deben existir protocolos claros de ventilación dos espazos interiores. A forma máis sinxela de levar a cabo a ventilación dunha estancia é mediante a apertura de xanelas para que o aire limpo do exterior entre na estancia.

Con todo, é preciso cuantificar de maneira rigorosa se unha estancia está ben ventilada ou non, por exemplo, coñecendo a medida da concentración de CO2. Unha concentración de CO2 por enriba das 1.000                                                                               ppm (Partes Por Millón) indica que é precisa unha mellor ventilación.

Si esta ventilación non se pode levar a cabo simplemente mediante a apertura de xanelas, é preciso a redución do número de persoas na estancia ou, no

caso de non ser posible esa redución de persoas na estancia, a utilización de filtros de aire de partículas de alta eficiencia ( HEPA) que eliminan a gran maioría dos aerosois que os atravesan. No caso de que a ventilación se realice con sistemas de ventilación eléctricos é necesario a súa revisión, limpeza e axuste de maneira periódica por persoal técnico cualificado.

En base ao exposto,dende O Círculo de Podemos no Carballiño propoñemos     a  que  o  pleno  de  esta  Corporación  local  aprobe  os seguintes

ACORDOS

•      Que o Concello de O Carballiño se dirixa á  Xunta de Galicia e solicite formalmente o reforzo da Atención Primaria mediante a contratación  de  persoal  sanitario,  incremento      do  número  de camas nas UCI e maior número de EPIs para o persoal sanitario;

•      Que o Concello se dirixa ao goberno da Xunta e ao Goberno Central do Estado solicitando a contratación de rastrexadores para a realización de rastrexos retrospectivos conxuntamente cos rastrexos prospectivos;

•      Dende o propio Concello se promova unha campaña para fomentar actividades ao aire libre;

•      Que  o  Concello  de  O  Carballiño  solicite  ao  Goberno  da  Xunta material específico para cumprir con protocolos rigorosos de ventilación en espazos pechados coa dotación de detectores de CO2 e filtros HEPA.

O Carballiño, 28 de outubro de 2020

Referencias:

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/ nCov/documentos/Actualizacion_228_COVID-19.pdf  Ministerio  de  Sanidade, Goberno de España.

https://www.thelancet.com/journals/lancet/article/PIIS0140-6736(20)32007-9/

fulltext#sec1 The Lancet, 24 de setembro de 2020.

http://inclasns.msssi.es/main.html?

permalink=5d359b4afdd385c8c0013a8e1a63443d Ministerio de Sanidade

https://www.medrxiv.org/content/10.1101/2020.08.01.20166595v1https://science.sciencemag.org/content/early/2020/10/02/science.abf0521