Segue aberta a autoinscrición para os test de antíxenos voluntarios no Carballiño

A demanda de prazas para realizar os test de antíxenos desta semana está a ser moi grande como o demostra que o sábado xa estaba completo o cupo para participar na xornada de hoxe luns 17 de xaneiro para os cribados programados para  O Carballiño, Xinzo e Allariz que completaron as 600 prazas (200 por cribado) en poucas horas.

Permanece aberta a inscrición para os demais cribados de Coles, Trives, O Carballiño, Castro Caldelas, Ribadavia, Viana, Bande e Xinzo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O acceso aos cribados é sempre mediante autoinscrición, no seguinte enlace:

https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

no que se poderá elixir o punto de acceso e o día. A cita se enviará nunha mensaxe telefónica ou SMS.