Buscan a unha xove de 15 anos que está desaparecida dende o pasado martes en Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A web sosdesaparecidos.es vén de alertar sobre a desaparición dunha xove de Ourense este mesma semana. Trátase de Nayara C.M., de 15 anos de idade e que foi dada por desaparecida o pasado martes, día 9, na cidade ourensá.

Os datos que foron dados a coñecer son os seus 1,60 m. de estatura e a súa complexión normal, así como a cor vermella-caoba do pelo e que a última vez que foi vista vestía un plumas longo de cor negra. Tamén se adxuntou unha foto recente.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Se algunha persoa vise a esta rapaza pode dar o aviso chamando ao teléfono 868.286.726.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------