O detido por violación no Carballiño en liberdade CON CARGOS

Segun acaban de comunicar fontes autorizadas o detido por violación en Carballiño acaba de quedar en liberdade CON CARGOS .

A Garda Civil investigou a “agresión sexual con violación” supostamente ocorrida nunha vivenda no municipio do Carballiño (Ourense), denunciada a pasada fin de semana por unha muller. Así o habian asegurado a fontes próximas á investigación, da que se encargan efectivos da Policía Xudicial do Instituto Armado.

Publicidade

A muller presentou a denuncia o pasado día 2 de febreiro en relación a uns feitos supostamente sucedidos a xornada anterior, o sábado día 1, nun domicilio do Carballiño.