Dous piares da tradición festiva e asociativa da comarca, separados por uns quilómetros pero unidos este ano por unha curiosa coincidencia numérica, participan un ano máis no Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal co obxectivo común de financiar as súas actividades.
Por unha banda, desde O Carballiño, a Charanga dos Liborianos, fundada en 1954 e recoñecida como a asociación máis antiga do municipio que permanece en activo, pon á venda o seu número. Por outro, desde o veciño municipio de O Irixo, a Comisión de Festas do Campo tamén ofrece o seu décimo entre os seus veciños e simpatizantes.


A particularidade este ano reside no número. Ambas entidades seleccionaron terminacións que, de maneira non coordinada, culminan coa mesma cifra: 854. Esta coincidencia nas tres últimas cifras xerou sorpresa e simpatía entre os membros de ambas as agrupacións, véndoo como un símbolo da irmandade festiva que caracteriza á zona.
A venda dos décimos realízase cunha pequena recarga sobre o prezo oficial, unha práctica habitual coa que ambas asociacións pretenden sufragar parte dos seus gastos de funcionamento anual. Estes fondos son vitais para manter vivas as súas actividades, que son parte indisociable do patrimonio social e cultural das súas respectivas comunidades.
A Charanga dos Liborianos, con case sete décadas de historia, segue animando oa Entroidos no Carballiño, mentres que a Comisión de Festas do Campo do Irixo traballa cada ano polo éxito das súas celebracións patronais. Agora, comparten non só a súa vocación de servizo á festa, senón tamén unha terminación de lotería que, quen sabe, podería depararlles unha dobre alegría do Nadal.
PUNTOS DE VENTA DO NÚMERO QU XOGAN OS LIBORIANOS: 55854
Administración de loterías nº1 de O Carballiño PRADA
Restaurante Fuchela
Farmacia Fontaiñas (C/ Rosalía de Castro)
Ernesto Patio Bar
Bar Mesón Do Xamón
Cafetería Hawai
Restaurante Pituxo
Farmacia Paco en Leiro
Maisquepan
Bar Gelo
Bar Soldado
Parrillada Veracruz
Bar San Xoan ( Seoane )
A Comisión das Festas do Campo agradecen a colaboración mercando un décimo e lembran que ESTE ANO, SI.
Os puntos de venta do número 84854 que xoga a Comisión de Festas do Campo son:
No Carballiño
Cafetería Archy
Froitería Fina
Panadería Manolo
Floristería Carmiña
Parrillada Os Amigos
Perruquería Atrezzos
Centro Sociocomunitario
No Irixo
Parrillada Abanico
Casa Gabán
Casa Sergio
Farmacia
En Vigo:
Barbería Óscar PG nas Travesas
En Ourense:
Café Bar Gráfico na Avda de Portugal



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

















