A asamblea do Instituto de Estudios Carballiñeses aprobou a entrada de novos socios e deu a coñecer o número 44 da revista ‘Ágora de Orcellón’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC) celebraou este pasado sábado na Casa da Cultura do Carballiño a súa asemblea xeral correspondente ao segundo semestre deste ano, baixo a presidencia do seu director, Avelino Muleiro. Na xuntanza deuse conta aos asistentes do informe sobre as actividades e publicacións realizadas e a presentación das novas incorporacións á entidade.

Seguidamente, foi presentado o número 44 da revista ‘Ágora de Orcellón’, que edita o colectivo de investigadores, nun acto que contou coa actriz Uxía Blanco como mantedora e co acompañamento musical da cantante María do Ceo. Finalmente, fixéronse entrega dos premios correspondentes ao Concurso de Microrrelatos que convocou o IEC no presente ano, coa presenza de Valentín García, director xeral de Política Lingüística da Xunta, e Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O propio Avelino Muleiro adiantounos o contido destos actos, e o historiador Julio Borrajo, nado no Irixo e colaborador de Badal Novas, falounos do seu traballo de investigación sobre os pleitos xudiciais neste municipio.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------