Presentación do libro “O devalar do monte galego”

“O devalar do monte galego” É un proxecto de artivismo que une arte coa acción social en defensa da natureza e o monte galego. A primeira acción deste proxecto foi diseñada en defensa dos montes Cábado e Montouto nos concellos de Campo Lameiro, A Estrada, Cuntis e Cerdedo, na provincia de Pontevedra. Montes ameazados pola instalación de varios parques eólicos. O sábado 18 de marzo do 2023 reunironse 14 fotógrafos e fotógrafas de diferentes traxectorias e perspectivas para mostrar a sensibilidade destes ecosistemas naturais e culturais a calquera transformación enerxética- industrial. Estes fotógrafos e fotógrafas son: Cristina Abilleira, Anxo Cabada, Carla Andrade, Rosa Neutro, Julio Eiroa, Monica Vilas, Elena Buch, Miguel Riopa, Damian Porto, Pablo Camba, Angel Araujo, Judith Adataberna, Eva diez e Adrian Vilas. Esta acción sucedeu antes de que poida producirse a fin da nosa paisaxe rural
Esta acción sucedeu para vivenciar a natureza desde un lugar de sensibilidade e respecto Esta acción sucedeu como acto de beleza e amor cara á nosa terra
 No verán do 2023 o concello de pontevedra colaborou realizando unha exposición na rúa Daniel de la Sota coas fotos realizadas durante esa acción e na edición dun catálogo que imos presentar este próximo martes 19 de setembro as 20h no Teatro Principal de Pontevedra. Temos a honra de contar ese día cunha charla con Joaquim Araujo mais un coloquio con algúns fotógrafos e fotógrafas que participaron e membros dos colectivos. Reserva esa data para estar con nos. Haberá entrega do catálogo de fotos as persoas que acudan. Os nosos montes son paisaxes únicos de gran valor que imos preservar