O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, participará mañá, xoves 18 de decembro, ás 20,00 horas, nun acto público aberto na Casa da Cultura do Carballiño. O encontro servirá para poñer en valor a importancia de contar con representación galega nas institucións do Estado, garantindo a presenza da lingua galega e a defensa de iniciativas orientadas á mellora das condicións de vida en Galiza, así como o apoio a medidas de carácter social e solidario no ámbito estatal e internacional.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A representación galega en Madrid permite tamén trasladar demandas de carácter local, como a circunvalación da N-541, a ampliación do túnel ferroviario dos Catro Camiños, o reforzo das frecuencias dos trens con Ourense, o enlace do Carballiño coa futura autovía Lugo–Ourense ou actuacións necesarias como o saneamento integral do río Arenteiro e do Silvaboa.
O acto será presentado por a militante do BNG do Carballiño Pilar Bernárdez, quen dará a benvida a Néstor Rego, deputado galego no Congreso.

















