Balneoterapia, aguas mineromedicinais e termais, zonas de O Carballiño-Ribadavia patrimonio hidromineral

Mercedes Amil Otero

Licenciada en Socioloxia. Estudios de Dereito

Queremos significar as propiedades terapéuticas, e preventivas de doencias i enfermedades das augas minero-medicinais, basado na sua composición físico-química e características básicas, con efectos beneficiosos a nivel físico e psicolóxico para a saude das persoas.  Constituindose os balnearios como centros de tratamentos médicos convencionais, a modo de complemento.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ao que habería que añadir a demanda cada vez mais crecente de uso lúdico das augas termais para o baño tanto en inverno como en verán, así como estético no tratamento de beleza.

Localizándose na zona xeográfica de O Carballiño as siguientes instalacións hidrotermais:   

-BALNEARIO CALDAS DE PARTOVIA, declarado de Utilidade Pública en 1928, emerxen tres manantiais que brotan a difente temperatura a 28,8 ° C  (Fte. Interior), 30,8 ° C   (Os Baños) y 20,1 ° C  (Fte. Prado). De composición mesotermais, sulfatadas, sódicas, cloruradas, bicarbonatadas, radiactivas, oligometálicas URL: https://caldasdepartoviabalneario.com/

– GRAN BALNEARIO DE O CARBALLIÑO, declarado de Utilidade Pública en 1816. Manantial de agua medicinal que brota a unha temperatura de 25,6 ° C. De composición sulfurado-sódicas, alcalinas y radioactivas URL: http://balneariodecarballino.com/

– O BAÑIÑO DE ARCOS fonte mineiromedicinal. As augas sulfurosas de este manantial están indicadas para afeccións dermatolóxias i hepáticas.

Na comarca de O Ribeiro mencionar os balnearios de Termas de Prexigueiro, Vila Termal de Arnoia, Vila Termal de Laias, Balneario de Cortegada e Balneario de Berán, rodeado de viñedos, especialmente indicado en tratamentos de soriasis, eccemas e dermatitis.


Dende unha perspectiva de presente e futuro, sería interesante propoñer a debate o sector balneario conforme a determinación de explotación da riqueza natural en augas mineiromedicinais. Considerándose como principales factores dinamizadores as institución públicas, acompañado de inversións privadas mediante un Acordo de Cooperación na actividad de balneoterapia.

Todo o cal repercutiría na creación de postos de traballo, a vez que fonte de desarrollo da vida económica local na sua vertiente de restauración, hostelería e comercio. Conformando as suas vilas, en centros de actividade turística de saúde balneoterapia; de turismo termal, para uso lúdico.

Diseño de materias complementarias:

-Plan especial de infraestructuras termais nas zonas de Carballiño-Ribeiro

-participación e intervención en asociacións, rede de Asociación de Balnearios

-publicidade en feiras de turismo termal, a nivel local, nacional e internacional. Promoción en circuitos termales: TERMATALIA, FITUR,

-persoal especializado en formación de balneoterapia

-planificación de visitas, mediante guía turístico no transcurso do itinerario de arte, patrimonio e natureza, a beleza da paisaxe.

O balneario, para descansar, o balneario para disfrutar da nosa saúde.

Ao chegar a este punto, plantexamos a pregunta ¿como chegar en transporte público ao Carballiño e comarca?. Mediante búsqueda de localización en Google, apenas se obteñen resultados sobre as líneas de transporte que operan no recorrido con destino o balneario, dando lugar a unha escasa oferta para as persoas interesadas no seo desplazamiento.

Cuestión a resolver pola Administración Autonómica conforme a Constitución Española, artículo 148 apartado 1.5 “Las Comunidades Autónomas podrán asumir competencias en las siguientes materias: los ferrocarriles y carreteras cuyo itinerario se desarrolle íntegramente en el territorio de la Comunidad Autónoma y, en los mismos términos, el transporte desarrollado por estos medios o por cable.”

Competencia estatal a cargo do Mº de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, conforme ao artículo 149, apartado 1.21 “El Estado tiene competencia exclusiva sobre las siguientes materias: Ferrocarriles y transportes terrestres que transcurran por el territorio de más de una Comunidad Autónoma …”.

A falta de transporte público aísla a poboación, abocándoa a un permanente confinamento territorial i en consecuencia económico-social. Pérdida na mobilidade para a vertebración do territorio no ámbito local, autonómico, nacional e internacional.

Neste sentido, cabe destacar o gran traballo que están a desarrollar os membros da  Plataforma en Defensa do Transporte Público da comarca do Carballiño.

***A situación provocada pola COVID-19 condicionaría as actuacións propostas no árticulo anterior, na esperanza de habelo pronto superado.

———————————————————————————————————-

Outros artigos de Mercedes Amil:

Impulso económico, social, cultural e deportivo de O Carballiño e comarca