O acto terá lugar mañá xoves 18 de decembro, ás 12.30 h, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia
17.12.2025. ABANCA, Afundación e o Concello de Xinzo de Limia presentarán mañá, xoves 18 de decembro, a mostra «Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel». O acto terá lugar ás 12.30 h na Casa da Cultura de Xinzo de Limia e contará coa presenza de Amador Díaz, alcalde do Concello de Xinzo de Limia; Carlos Gómez, concelleiro de Cultura do Concello de Xinzo de Limia; Pilar Sobrino, directora de la oficina de ABANCA en Xinzo de Limia; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.
Nas catro peregrinacións do fotógrafo galego Manuel Valcárcel fálasenos de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor. «Destino» amosa catro peregrinacións en catro países de catro continentes −O Tíbet, O Senegal, México e Galicia−, alicerzándose na fotografía documental como ferramenta narrativa e contando distintas historias unidas por un mesmo fado. Poderase visitar ata o vindeiro 16 de xaneiro, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.30 h e de 15.30 a 21.00 h.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.
| Evento | Presentación de «Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel» |
| Lugar | Casa da Cultura de Xinzo de Limia |
| Data e hora | Xoves 18 de decembro, ás 12.30 h |
| Asistentes | Amador Díaz Penín, alcalde do Concello de Xinzo de Limia Carlos Gómez Salgado, concelleiro de Cultura do Concello de Xinzo de Limia Pilar Sobrino, directora da oficina de ABANCA en Xinzo de Limia Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo |

















