A opinión de Manuel Herminio: “Amnesia total”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

Non sei se rir ou chorar, aínda que prefiro rir polo menos é máis san.  As imaxes de ver a todo un ex presidente e a secretaria xeral dun partido de goberno contestando con evasivas e monosílabos diante un tribunal, ou dicindo que aquelo e o outro  é falso, pra logo acudir  á manida resposta de  “non me acordo” lémbrame ás persoas que sofren unha patoloxía e teñen unha amnesia de comenencia. Ben, que  o se ventila nese xuizo é o asunto de espiar a adversarios políticos, asunto que agora naide mandou facer resulta ser un delito moi grave nunha democracia.  

Mais ó lembarme do caso dos  sobresoldos que cobraban en b os ministros,  non podo esquecer como  actuaba  aquel xuíz dicíndolle ó avogado da acusación que tal ou cal pregunta non procedía. Polo que con  iso xa todo me queda moi claro. Pois ben, algo semellante aconteceu cando a D. Mariano Rajoy lle preguntaba a avogada da acusación, á que axiña  a xuíza, que presidía a sesión, cortábaa   dicindo  que non procedía tal ou cal pregunta pois xa fora contestada ou non entraba na causa. 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Que casualidade,  facía igualmente co  xuíz do caso dos sobresoldos onde niguén sabía nada nin quen era un tal M.R. Pero o máis chocante deste asunto é que un presidente dun partido e a súa secretaria xeral parece que apenas se vían e que apenas falaban. Vamos,  como se fosen dous descoñecidos que soamente andaban á procura dos millóns de euros que o tesoreiro Bárcenas  tiña, ou aínda ten,  agochados. Ou sexa: cartos que viñan desa contabilidade en  b, e que segundo din as malas linguas, supostamente eran aportacións por supostos amaños en concesións e obras moi importantes.

Ai se aquil disco duro, escarallado a golpes, falara, outro galo cantaría.  O espectáculo que deu, e segue a dar a xustiza deste país, nestes asuntos importantes que afectan á xente que ten ou tivo poder, demostra que esta xustiza está cega do ollo dereito e soamente ve do lado esquerdo. Polo que aínda que no xuízo salgan todos estes persoeiros ben, que vai ser así,  deste esperpento quen sae perdendo é a imaxe da xustiza. Si, esa xustiza que soamente vale como dixo un presidente do tribunal superior, “para o rouba galiñas.” Pois neste xuízo xa ninguén pode crer que a policía comeza unha investigación de motu propio sen ordes darriba. 

Tampouco que lle pon o pillo do tesoreiro un policía de chofer de confianza pra que o investigue, ou que un falso cura entra no domicilio dos Bárcenas pra buscar unha libretiña e outras cousas. “Algo cheira a podre ó noso arredor” dicía unha cantiga Folk Cantigas, grupo ourensán de grato recordo nos anos setenta do século pasado. Pois esa xustiza que debe ser imparcial e actuar con firmeza diante os atropelos que fan os que teñen o poder camiña, nas súas máis altas instancias, de erro en erro. Primeiro foi o caso dos fiscal xeral do Estado, logo os retrasos permanentes nos  casos como o referido ó comenzo e outros, 13 anos de espera, pra logo rematar todo nunha pantomima que arrepía e que deixa a esta xustiza diante  os cidadáns nunha situación de desconfianza e desprestixio total.

En fin,  cada día que pasa os cidadáns percibimos que un dos piares do estado de dereito, nas grandes alturas, está moi desprestixiado e móvese por intereses superiores que non son outros que os de determinados poderes fácticos.  Polo que, diante determinados casos que vulneran a lexislación,  todos os que  delinquen continuadamente cando están dentro e fora do poder, teñen un bo amparo. Dado que todos estes casos  semellan  unha parodia con final feliz para os encausados.

Polo que en certos ambientes da xudicatura ate parece que está compinchada algunha parte do poder político e o xudicial. Como conclusión, é moi triste e moi pouco edificante ver ás persoas que foron máximas autoridades de goberno e de partido que, non sei se intencionadamente ou aposta sofren  unha amnesia que lles impide lembrar o que facían cando estaban no poder. E mentres os segunda fila dese partido din que fale a xustiza sabedores  do que dixo un  deles: “controlamos por la puerta trasera el tribunal superior.”


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------