O Paco Chao acolle mañá a ‘Gala de Nadal’ de patinaxe do Club Aehde coa participación de 120 deportistas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xornada de mañá, venres, e ás 20,00 horas, son a data e a hora sinaladas para o comezo dunha das citas xa clásicas no Nadal carballiñés, a ‘Gala de Nadal’ de patinaxe artística que cada ano organiza o Club Aehde O Carballiño. Será no anexo do pavillón polideportivo Paco Chao e con entrada libre para ver un espectáculo de hora e media de duración que contará con coreografías grupais e individuais da Escola de Patinaxe do Club Aehde, do Club Aehde Lalín Patín e dos anfitrións do Club Aehde O Carballiño.

O evento, que contará ca presenza de Papá Noel, tamén incluye sorteos, agasallos e outras sorpresas. Ademáis, e como cada ano, o Club Aehde aproveita a cita para presentar a todos os seus grupos de competición e iniciación, reunindo na pista a 120 patinadoras/es.

Por outra banda, a entidade deportiva non para durante as próximas vacacións de Nadal, de xeito que na vindeira semana organiza unha tecnificación a celebrar no polideportivo Paco Chao en no pavillón do IES Nº 1 do Carballiño.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------